jueves, 6 de diciembre de 2012

Fandango


Esta danza levaba o mesmo camiño que outras moitas que hoxe están no esquezo.Manuél Cajaraville atopou a un veciño de Muros (D. Olegario Garcia Malvarez),que ainda lembraba como se bailaba este baile,e foi quen de ensinarllo.A peza en cuestión foi chamada "Fandango Muradan",para a que o mestre Roxelio do Leonardo puxo música.
O fandango non e un baile orixinario de Galicia,nembargantes enraizou dalgunha maneira,proba delo e a cantidade de cantos que o mencionan:
      "Vou tocar coa miña gaitiña
       vou tocar un fandango moi bo,
       vou tocar a muiñeira das festas
       vou facer foliada de dios.
                                           
       Dis que aprendeu unha música nova
       dis que é un cielo oilo tocar,
       dalle mil voltas ao bo do fandango
       e coa muiñeira pra tolear".
Si é un ceo oir o gaiteiro tocar un fandango,non é menos velo bailar.de todas las danzas,o fandango é a mais señorial e o mesmo tempo a maís picaresca.