jueves, 6 de diciembre de 2012

Pandeirada


O cerrado da noite dun domingo ou un dia de festa de garda,van chegando a eira mozos e mozas,e o son dos pandeiros e pandeiras escomenza o baile.Polo xeral, as encargadas de tocar son as mulleres;namentras unhas cantan as outras bailan,non deixan de remudarse é as que antes tocaban bailan agora.Tamén hai parrafeos,contos,e non deixa de ceibarse algún aturuxo.Nestas reunións se bailaban pandeiradas,maneos,etc..
O que hai que ter claro é que a pandeirada provén de pandeiro ou pandeira;estes instrumentos de percusión son moi antigos en Galicia.E logo aparece a pandeireta.Hoxe,a maioria das pandeiradas tocanse con ela.
Unha das pandeiradas de maís esencia,e maís antiga que ainda se baila hoxe en dia,é a "Pandeirada de Mens" ,chamada tamén "Muiñeira vella",foi recollida por Aturuxo a principios dos anos 70 do pasado século XX,sendo Manuél Cajaraville mestre de baile da agrupación.
Xa no ano 1.991,con Manuél Pensado como director,recolliuse a "Muiñeira Punteada",outra pandeirada que  se bailaba tamén en Mens.