miércoles, 31 de octubre de 2012
Castañolas
Muiñeira da Baña,tamén chamada "Castañolas",na praza das Bárbaras,con motivo da celebración do dia da
virxe Do Rosario,patroa da cidade,(7/10/2.012).
domingo, 28 de octubre de 2012
jueves, 25 de octubre de 2012
Maneo de Mens
A Agrupación Folklórica Aturuxo é unha asociación cultural formada o 20 de marzo de 1955, como continuación das actividades desenvolvidas polo coro Brétemas e Raiolas, disolto o ano anterior. Entre os seus fundadores están Sebastián Martínez Risco (polígrafo e ex-presidente da Real Academia Galega) e Francisco Vales Villamarín (historiador e ex-secretario perpetuo da RAG
Na súa primeira etapa, a agrupación dedicouse sobre todo a escenificación dos costumes populares. Nesta época o director era Antonio Naveira e a mestra de baile era María Victoria Canedo. Representou obras como Roseira de costumes, A morte do gaiteiro, Lendas e costumes e Noitegas. Deste traballo nacería, a finais dos anos 50, un ballet galego do que formarían parte bailaríns procedentes de Aturuxo.
Nos anos sesenta e comenzos dos setenta o grupo centrouse no baile e canto tradicionais. Dirixían o grupo Anta, Ramiro Cartelle e Edilberto Suárez á batuta. Manuel Cajaraville Pensado asumiu mais tarde o cargo de director artístico, dándolle unha maior relevancia ao baile. Levou a cabo unha importante labor de investigación e divulgación, recuperando bailes como o maneo e o fandango, que xa estaban practicamente esquecidos. Nesta mesma etapa incorporouse a Aturuxo un grupo de cantareiras coñecidas como Pandereteiras de Mens, procedentes de Mens, en Malpica de Bergantiños. Nesa época, a agrupación acadou importantes premios en diversos certames, tales como as xornadas folclóricas de Santiago de Compostela (medalla de ouro) ou Ourense.
O traballo de recolleita e divulgación continua despois do retiro de Cajaraville no ano 1986,da mán de José Juán Martinez Martinez,quen foi mestre de baile ata o ano 1986.Ese mesmo ano faise cargo da dirección do grupo José Manuél Fernandez Pensado "Manel",quen seria o responsable artístico ata o ano 2016.
Na actualidade,Isabel Garcia Quintela é a coordinadora artística e José Luis Blasco e Ana Antonio Souto os mestres de baile.
Dende o seu nacemento o grupo actuou en toda Galicia, boa parte de España, Francia, Portugal e Arxentina. Varios dos bailes do seu repertorio, como a Muiñeira de Lañas, o Fandango Muradán ou o Maneo de Mens, forman parte hoxe en día do acervo folclórico galego.
Aturuxo é membro fundador da Federación Galega de Grupos de Danza. Conta entre os seus membros con varios recoñecementos individuais, como son tres medallas de prata "Marcial del Adalid" ao mérito artístico e unha de ouro (a Manuel Cajaraville), concedidas pola Real Academia Galega de Belas Artes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)