jueves, 13 de diciembre de 2012

Bailando a "Carballesa" no I Festival folklórico da C.E.E. que se celebrou en terras lusas.A fotografia corresponde a un momento da actuación do dia da clausura que se levou a cabo no Monte do Calvario,en Vila Praia de Âncora o dia 2 de Xullio de 1.989.

No ano 1.985,Aturuxo viaxou a Arxentina,actuando en Bos Aires,donde foi tomada esta imaxen na que podemos ver a Mª Victoria,Prudencia,Teresa,Adelia,Trillo e a D. Gonzalo Torrente Ballester,que ese mismo ano acadaria o premio Cervantes de literatura,sendo o primeiro novelista español que o recibia.
Tamén coñeceriamos as nais da praza de Maio.

Representación de "Unha noite no muiño",das estampas "LENDAS E COSTUMES",que se puxeron en escea no teatro Colón o 18 de Decembro de 1.960.

miércoles, 12 de diciembre de 2012


Aturuxo representando "Peixeiras",una escena en ballet perteneciente a las estampas "LENDAS E COSTUMES",Escenificada en el Teatro Colón el 18 de Diciembre de 1.960.

martes, 11 de diciembre de 2012


Bailando a "Regueifa" no Xardim da Sereia,durante a celebración do "I Festival de folklore da C.E.E."(Coimbra,27 de xuño de 1.989)

Manuél Cajaraville,recibindo un agasallo de mans de Crisanto SanMartín Beiroa,presidente da agrupación "Cantigas e Agarimos",nas vodas de ouro desta agrupación.

Maqui e Josechu Ripamonti,recollendo a medalla de ouro gañada polo grupo nas "Xornadas folklóricas de Santiago" do ano 1.976.

domingo, 9 de diciembre de 2012


Actuando nas festas patronais de Vimianzo,no ano 1.990

Imaxen das nenas da escola de baile de Aturuxo,antes de escomenzar a bailar a "Regueifa".Dentro dos actos de clausura do curso 1.988-89,que se celebraron no mesón de Pástoriza.

sábado, 8 de diciembre de 2012

Diploma


Diploma que acredita como presidente honorífico da agrupación a D. José Trillo Fernandez - Abelenda.

Homenaxe a Trillo


A Agrupación folklórica Aturuxo mostrandolle o seu cariño e recoñecemento ao seu presidente honorífico D. José Trillo Fernandez - Abelenda pola sua dedicación durante os trinta e seis anos que estivo ao fronte da agrupación.

Homenaxe a Trillo


D. José Trillo  Fernandez - Abelenda recibindo unha placa de mans do presidente da agrupación D. Luis Garcia Garcia no seu nomeamento como presidente de honra da Agrupación.(14 - XI - 2.008).

Homenaxe a Trillo


D. José Trillo Fernandez - Abelenda recibindo o diploma que o acredita como presidente de honra da agrupación,nun acto celebrado no hotel Riazor o 14 - XI - 2.008.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Pandeirada


O cerrado da noite dun domingo ou un dia de festa de garda,van chegando a eira mozos e mozas,e o son dos pandeiros e pandeiras escomenza o baile.Polo xeral, as encargadas de tocar son as mulleres;namentras unhas cantan as outras bailan,non deixan de remudarse é as que antes tocaban bailan agora.Tamén hai parrafeos,contos,e non deixa de ceibarse algún aturuxo.Nestas reunións se bailaban pandeiradas,maneos,etc..
O que hai que ter claro é que a pandeirada provén de pandeiro ou pandeira;estes instrumentos de percusión son moi antigos en Galicia.E logo aparece a pandeireta.Hoxe,a maioria das pandeiradas tocanse con ela.
Unha das pandeiradas de maís esencia,e maís antiga que ainda se baila hoxe en dia,é a "Pandeirada de Mens" ,chamada tamén "Muiñeira vella",foi recollida por Aturuxo a principios dos anos 70 do pasado século XX,sendo Manuél Cajaraville mestre de baile da agrupación.
Xa no ano 1.991,con Manuél Pensado como director,recolliuse a "Muiñeira Punteada",outra pandeirada que  se bailaba tamén en Mens.                                          

Fandango


Esta danza levaba o mesmo camiño que outras moitas que hoxe están no esquezo.Manuél Cajaraville atopou a un veciño de Muros (D. Olegario Garcia Malvarez),que ainda lembraba como se bailaba este baile,e foi quen de ensinarllo.A peza en cuestión foi chamada "Fandango Muradan",para a que o mestre Roxelio do Leonardo puxo música.
O fandango non e un baile orixinario de Galicia,nembargantes enraizou dalgunha maneira,proba delo e a cantidade de cantos que o mencionan:
      "Vou tocar coa miña gaitiña
       vou tocar un fandango moi bo,
       vou tocar a muiñeira das festas
       vou facer foliada de dios.
                                           
       Dis que aprendeu unha música nova
       dis que é un cielo oilo tocar,
       dalle mil voltas ao bo do fandango
       e coa muiñeira pra tolear".
Si é un ceo oir o gaiteiro tocar un fandango,non é menos velo bailar.de todas las danzas,o fandango é a mais señorial e o mesmo tempo a maís picaresca.
                                     

Xota


No libro "Folklore e costumes de España",Lopez Chávarri escribe o seguinte:
"En Aragón principalmente,pero tamén por terras vascas e Navarra,en parte de Castela,en Valencia...,teñen singular vida as xotas.Non e posibel determinar o orixe deste baile...seguramente a xota debeu tomar carta de natureza en Aragón e extenderse por España a raiz de guerra da independencia".
Fose como fose ,o través dos anos foise espallando a outras rexións,entre elas a nosa Galicia.Cada rexión foille dando o seu carácter,e nos demoslle un xeito semellante ao de Aragón.

martes, 4 de diciembre de 2012

A Regueifa


No século XIV xa se nomeaban as regueifas.
Hay zoas de Galicia nas que cando se casaba unha parella, ao domingo seguinte,facian o baile da regueifa,e salian a bailar os mozos que mellor bailaban a muiñeira.A moza bailaba co pan na cabeza.
Noutros lugares,ao acabar o baile,repartiao entre todos,e se a alguén non lle tocaba un trozo,era sinal de mala sorte pra cando se casara.
 A regueifa consiste nunha rosca de pan de trigo con ovo e sucre maís ou menos adornada,ata con cintas de cores.(Eladio Rodriguez Gonzalez,"Diccionario Gallego-castellano",tomo III,pax.255)
Nembargantes,Antonio Fraguas no seu libro "A Galicia insólita" di que a regueifa e unha bola de pan de trigo que se repartia entre os que acudian ao baile.
Tamén pode ser unha rifa.

Medalla "Marcial del Adalid"


Entrega da medalla de Ouro "Marcial del Adalid"  D. Manuél Cajaraville Pensado,o 18 de Febreiro de 1.984.

Manuél Cajaraville.

Manuél Cajaraville e Rosa Pita nunha estampa mariñeira. 


     Manuél Cajaraville Pensado naceu en Negreira o 23 de xaneiro de 1.926.Alí,en contacto co mundo rural,iniciase na danza,o que lle permite aos 17 anos obter un primeiro premio nun concurso de baile celebrado a Coruña,que seria o primeiro dunha ristra de éxitos,como os logrados nas xornadas folklóricas de Santiago.
     Coreógrafo,mestre de baile en diversas agrupacións da Coruña,(entre as que se atopa a Agrupación folklórica Aturuxo,na que se retirou por motivos de saude),rexeitou sempre a profesionalidade.
     Autor de obras como as estampas "Suite Galega","Romaria" ou "Noite de meigallo e exconxuro",adicou toda a vida a pescuda do maís auténtico do noso folklore,recorrendo vilas e aldeas de toda Galicia.
     Foi condecorado coa medalla de ouro "Marcial del Adalid" que otorga a Real Academia de Belas Artes o 18 de febreiro de 1.984.

Finou o 26 de setembro de 1.999.