sábado, 2 de noviembre de 2013

Francisco Vales Villamarín



Naceu en Betanzos o 7 de maio de 1891 e morreu na mesma vila o 24 de agosto de 1982. Foi un pedagogo, profesor e historiador implicado no recoñecemento da cultura galega e, moi especialmente, na investigación acerca da súa vila natal. Foi membro da Real Academia Galega e o seu Secretario.
Estudiou maxisterio en Santiago de Compostela,cun brilante expediente,e ingresou como mestre de ensino oficial,impartindo clases,primeiro en Mugardos e maís adiante na Coruña.Igualmente,foi secretario particular da escritora Emilia Pardo Bazán.
En 1.917 funda "A Irmandade da fala" de Betanzos,que presidiria durante anos.funda tamén o museo pedagóxico Rexional da Coruña (1.926),do que seria secretario e bibliotecario.En 1.940 e distinguido co cargo honorífico de cronista oficial da ciudade de Betanzos,onde fundaria e dirixiria o "Anuario Brigantino".
En 1.957 imponselle a medalla de plata da sua cidade natal da que é nomeado fillo predilecto en 1.980.Tamén é posuidor da encomenda da orden de Alfonso X O sabio.
Entre outros cargos,foi secretario perpetuo da Real Academia Galega e numerario da Real Academia de Belas Artes Nosa Sra. do Rosario.
E un dos fundadores da Agrupación folklórica "Aturuxo