Bo nadal a todos
jueves, 22 de diciembre de 2016
lunes, 19 de diciembre de 2016
CANDO: 21/12/2016
HORARIO: 20 h.
ONDE: Teatro Rosalia de Castro.(C/Riego de Agua 37.15001,A Coruña)
A asociación provincial de A Coruña celebra o seu 50 aniversario no Rosalia cunha gala chea de teatro,música e poesía.
ACTUARÁN:
Birloque Gaiteiros e grupo Fungueiro da asociación cultural Diapasón.Atlántico Quinteto de Metaís.Diana Poghosyan.Coro Rociero de la casa de Andalucia.Grupo de teatro y poesia de la asociación de amas de casa.Agrupación Folcklórica Aturuxo.Coral polifónica Follas Novas.
Presenta A gala Loreto Silvoso.
viernes, 11 de noviembre de 2016
Homenaxe a Xose Luis Garcia Garcia.
Xa están a disposición do público as invitacións pra o festival homenaxe a Xose Luis Garcia Garcia.Toda aquela persoa interesada en acadar a sua,(ou suas),que se poña en contacto con nos no teléfono da agrupación 981 205 987,ou se pase polo local social sito na Avda. de Hércules nº 41 soto,o lúns ou xoves de 20:30 a 22:00 h.
Homenaxe a Xose Luis GArcia Garcia
A agrupacioin folcklórica Aturuxo,con maís de 60 anos de andadura no mundo do folcklore,e pola que pasaron persoeiros do muno da cultura en xeral como Sebastián Martinez Risco Macías,Francisco Vales Villamarín,Antón Naveyra Goday ou Xose Luis Lopez Mosteiro;E maís concretamente do mundo do folcklore galega como Adolfo Anta Seoane,Maria Victoria Canedo,Juanjo Liñares,Edilberto Suarez Pedreira,Manolo Cajaraville,ou as recoñecidas "Pandereteiras de Mens",vai rendir homenaxe ao que foi o seu derradeiro presidente (ata o pasado mes de Febreiro),Xose Luis Garcia Garcia,cun festival folcklórico no centro Ägora.
Xose Luis Garcia entrou na directiva de Aturuxo en Agosto do ano 1976,permanecendo na agrupación casi 40 anos,a meirande parte deles como vicepresidente da directiva que presidiu Xosé Trillo Fernandez-Abelenda a quen sucedeu como presidente ao cesar este do seu cargo a finais de 2012.
Home traballador e cordial,fixo unha labor tremendamente efectiva en pro dos intereses de Aturuxo,sendo artífice,entre outras cousas,das novas instalacións da agrupación,ou da réplica do mural que pintou no antigo local,(sito na praza de Maria Pita nº 1), o pintor Xosé Luis Rodriguez,(Restaurador de pinturas no mosteiro de Samos entre outras cousas).
En recoñecemento a tantos anos de servicio a nosa agrupación,e por toda a labor desenrolada,Aturuxo rindelle unha merecida homenaxe,cun festival no que participará como grupo invitado o "Coro Galego de Santa Comba de Veigue" de Sada.
domingo, 16 de octubre de 2016
martes, 27 de septiembre de 2016
domingo, 17 de julio de 2016
lunes, 4 de julio de 2016
viernes, 20 de mayo de 2016
martes, 29 de marzo de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)