miércoles, 29 de noviembre de 2017



Foto da directiva da Asiciación de coros e danzas EIDOS cos homenaxeados deste ano,entre os que se atopaba a nosa agrupación moi ben representada no acto polo noso presidente Manuél Fernandez  a mestra de baile Ana Souto.



Unha honra pra nos que os amigos da Asociación de coros e danzas EIDOS tiveranos en consideración  a hora da concesión das suas insignias.
A nosa gratitude pola condecoracióne o noso maís grande respeto polo que dita asociación representa.

sábado, 21 de octubre de 2017



Un momento do Maneo de Mens,diante das cámaras da Televisión de Galicia,o dia da patroa da cidade.


Bailando a Muiñeira de Lañas no programa da TVG ,"Aquí Galicia".O dia 7 de Outubro de 2017

lunes, 9 de octubre de 2017

domingo, 3 de septiembre de 2017




Hoxe,as sete do serán estaremos na contorna da Torre de Hércules  cos nosos bailes e cantes  nunha xornada de lecer pra toda a familia.

sábado, 26 de agosto de 2017





Hoxe as seis e media do serán actuaremos na Praza de Vigo formando parte do programa de actos da Romaria de Santa Margarida 2017.
Habrá un pequeno desfile que partirá da Praza de Lugo ata chegar ao lugar da actuación.

viernes, 28 de julio de 2017





Mañán,29 de Xullo de 2017,actuaremos nas festas do Birloque amosando unha pequena mostra do noso folcklore.

domingo, 25 de junio de 2017




Onte,dia 24 de Xuño de 2017,deixounos o noso ben querido  Luis Manuél  Morandeira  Iglesias,(Pra nos Morandeira).O único socio fundador de Aturuxo que quedaba con vida.
Antigo compoñente do coro,(cando Aturuxo tiña coro de canto),actuou nas diferentes representacións que se levaron a cabo ao longo da historia desta agrupación.Formou parte de aqueles primeiros coristas que fixeron a primeira actuación de Aturuxo o 20 de Marzo de 1955 en Corme.
Cando Aturuxo empeza a centrarse no grupo de baile e o coro deixa de existir,Morandeira centrarase na sua labor como tesoureiro,a cal desenrola ata o ano 2005,coincidindo co 50º aniversario da agrupación.A partires dese momento xa so formará parte da masa social deste colectivo,(ainda que pra nos,tanto os que coincidiron con él sobre o esceario,como os que nunca o fixemos,consideramolo sempre como parte do elenco artístico).
Recibiu diversos recoñecimentos ao longo da sua vida,tanto por parte da agrupación,como por parte da Real Academia Galega de Belas Artes,estando en posesión da medalla de prata "Marcial del Adalid"
Seria moi dificil explicar o que significou pra nos,baste decir que era unha persoa que se desviviu pola agrupación e que sempre se fixo querer.Amigo dos seus amigos nunca tivo unha mala palabra nin un mal xesto para ninguén.
Querido Morandeira,estés donde estés,descansa en paz.

O sepelio terá lugar hoxe as cinco da tarde no cemiterio parroquial de San Pedro de Visma.

Hora de saida para o enterro: hoxe, as CINCO MENOS CUARTO da tarde.

O funeral celebrarase mañán luns dia 26 na Igrexia parroquial de San Pío X e San Roque (MM. Esclavas – Riazor)

martes, 30 de mayo de 2017



Programa da escenificación "LENDAS E COSTUMES",representada o 18 de Decembro de 1960 no teatro Colón da Coruña.

domingo, 30 de abril de 2017



Preparados para bailar a "Danza  Mareira" no palacio dos deportes de Riazor no ano 1972.


Díptico feito para os 25 anos da agrupación,no que se indicaban algúns dos premios acadados ata o momento.

lunes, 30 de enero de 2017



Actuando no incomparable  teatro Rosalia de Castro da Coruña.no cincuenta aniversario da asociación de amas de casa.