domingo, 25 de junio de 2017




Onte,dia 24 de Xuño de 2017,deixounos o noso ben querido  Luis Manuél  Morandeira  Iglesias,(Pra nos Morandeira).O único socio fundador de Aturuxo que quedaba con vida.
Antigo compoñente do coro,(cando Aturuxo tiña coro de canto),actuou nas diferentes representacións que se levaron a cabo ao longo da historia desta agrupación.Formou parte de aqueles primeiros coristas que fixeron a primeira actuación de Aturuxo o 20 de Marzo de 1955 en Corme.
Cando Aturuxo empeza a centrarse no grupo de baile e o coro deixa de existir,Morandeira centrarase na sua labor como tesoureiro,a cal desenrola ata o ano 2005,coincidindo co 50º aniversario da agrupación.A partires dese momento xa so formará parte da masa social deste colectivo,(ainda que pra nos,tanto os que coincidiron con él sobre o esceario,como os que nunca o fixemos,consideramolo sempre como parte do elenco artístico).
Recibiu diversos recoñecimentos ao longo da sua vida,tanto por parte da agrupación,como por parte da Real Academia Galega de Belas Artes,estando en posesión da medalla de prata "Marcial del Adalid"
Seria moi dificil explicar o que significou pra nos,baste decir que era unha persoa que se desviviu pola agrupación e que sempre se fixo querer.Amigo dos seus amigos nunca tivo unha mala palabra nin un mal xesto para ninguén.
Querido Morandeira,estés donde estés,descansa en paz.

O sepelio terá lugar hoxe as cinco da tarde no cemiterio parroquial de San Pedro de Visma.

Hora de saida para o enterro: hoxe, as CINCO MENOS CUARTO da tarde.

O funeral celebrarase mañán luns dia 26 na Igrexia parroquial de San Pío X e San Roque (MM. Esclavas – Riazor)