martes, 27 de agosto de 2019
Pasamento de Teresa Lema Varela
Onte,26 de Agosto de 2019,finou a derradeira das pandereteiras de Mens,Teresa Lema Varela,(Teresa da Canóniga),Tiña 95 anos e formou parte dun grupo de mulleres que mantiveron vivo o legado popular da zona na que viviron.
Coñecidas cariñosamente como as "Vellas de Mens",compartiron escearios con Aturuxo por toda Galicia e tamén por España,(Barcelona,Bilbao,Ciudad Real,Oviedo,Calatayud,etc...),así como alén das nosas fronteiras,(Francia,Arxentina,Portugal varias veces).
Durante 20 anos estiveron ligadas a nosa agrupación transmitindonos todo o seu saber.Disfrutamos coas suas anécdotas,e choramos coas suas tristezas.Eran xente sinxela,xente da aldea,xente que nunca pensou en chegar a donde chegaron con aquelo que tanto lles gustaba facer:
Tocar e cantar o que habian aprendido das suas nais...das suas aboas...
Nas V - VII e XII Xornadas folclóricas de Santiago,actuando con Aturuxo,tiveron premio e mención especial por parte do xurado.
O 27 de Decembro de 1990,a agrupación folklórica Aturuxo fixolles unha homenaxe no hotel Riazor cando ainda vivian todas.
Os seus pasamentos foron:
- Prudencia: 3 - 07 - 1993,(88 anos).
- Manuela: 28 - 12 - 1993,(88 anos).
- Asunción: 4 - 04 - 2007,(92 anos).
- Adelia: 19 - 02 - 2016 ,(96 anos).
- Teresa: 26 - 08 - 2019,(95 anos).
Na fotografia que temos de cabeceira desta nova,Teresa é a segunda pola esquerda,ao carón de Manolo Cajaraville.
Ainda despoís de deixar de actuar con Aturuxo,seguiron tendo contacto con nos.
A sua aparición marcou un antes e un despoís na maneira de interpretar o cante e o baile por parte das agrupacións folclóricas.
Dende aquí,o noso maís sentido pésame para a familia.
domingo, 25 de agosto de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)